Foros de discusión Foros de la Plataforma por una Vivienda Digna
www.viviendadigna.org/foros
Foros abiertos al público para el debate sobre el derecho y la política de vivienda, la economía, etc.
La organización no se responsabiliza, ni avala los comentarios que se hacen libremente en este foro
 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 

Contencioso pola edif. nas costas do parque d Rosalía (Lugo)

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Galicia
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
Bersuit



Registrado: 19 Abr 2006
Mensajes: 457

MensajePublicado: Mar Oct 23, 2007 7:52 am    Asunto: Contencioso pola edif. nas costas do parque d Rosalía (Lugo) Responder citando

Pásanme isto da "Asociación pola defensa do Parque de Rosalía" co obxecto de darlle a maior difusión:

-------------------------------------------------------------------------------------
CONTENCIOSO POLA EDIFICACION NAS COSTAS DO PARQUE DE ROSALÍA (LUGO)

Con data 10 de setembro de 2007, a Asociación para a Defensa do Parque Rosalía de Castro e o seu entorno presentou un recurso
Contencioso-administrativo no que se impugna a aprobación definitiva do
Proxecto de Urbanización de 14 de febreiro de 2007, a través dunha
impugnación do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) da Unidade de
Actuación CS5 (Costas do Parque), tal e como se veu anunciando en varias ocasións ao longo destes máis de dous anos de loita contra o maior exemplo de especulación urbanística realizado en Lugo.

No devandito recurso denúncianse unha serie de supostas irregularidades
levadas a cabo polo Concello coa única finalidade de proporcionar na leira
dun particular e dun xeito, aparentemente legal, a máxima edificabilidade
no sitio máis rendible, obviar o ben social, os intereses da cidadanía á
que representa, as leis de protección patrimonial e os trámites legais
para a tramitación dun PERI. Entre outras se enumeran e xustifican as
seguintes:

1/ Falta de informes sectoriais preceptivos doutras Administracións
(Cultura, Medio Ambiente e Industria) previstos na lexislación vixente.
2/ Falta de notificación á COTOP.
3/ Ausencia de notificacións a terceiros de carácter preceptivo.
4/ Permutación de terreo público, de forma supostamente irregular,
adxacente na súa totalidade ás Costas do Parque (no que había nogueiras
centenarias e outras especies arbóreas de interese e no que pretendían
construír un edificio de 9 plantas) por espazos residuais de dubidoso
aproveitamento na pendente que dá a República Argentina.
5/ Indefinición do sistema viario que non conta nin co detalle nin
xustificación necesarios en orde á súa capacidade prevista (acceso aos
ocupantes de 200 vivendas) de acordo coas esixencias técnicas de
edificación.
6/ Incumprimento do artigo 104 da Lei de Ordenación Urbanística e
Protección do Medio Rural de Galicia (de aplicación directa), cuxa
filosofía está recollida en leis anteriores, e que protexe expresamente
lugares paisaxísticos como é o noso Parque Rosalía e as súas Costas cos
seus respectivos Miradoiros, cuxa beleza e interese está recollida en
todas as Guías Turísticas de Galicia, desde a de Otero Pedrayo de 1945,
ata a páxina web de Mundo-R, pasando polo Plano-Guía da cidade editado
polo Concello, entre outras.

A Asociación non pode entender que o Concello, tendo o apoio legal
suficiente para protexer o Patrimonio Paisaxístico da cidade á que
representa, o obviara e ata cuestionara, só co fin de salvagardar os
intereses, que non dereitos (como se demostra no recurso presentado) dun
particular, e que sexan os cidadáns os que teñan que defender o grave
atentado ao patrimonio de todos das actuacións dos seus representantes.
Así o Concello utiliza argumentos rebatidos no recurso:

1/ Non existe diferenzas entre bens protexidos en chan urbano e rural.
2/ Na entorno da unidade na que se quere construír existen bens
inequívocamente protexidos (Termas Romanas, Sanatorio García Portela e
Parque Rosalía de Castro) e é preceptivo, sen ningún xénero de dúbidas, o
informe da Consellería de Cultura para calquera tipo de actuación.
3/ A inexistencia duns supostos dereitos de edificabilidade “á medida”,
nunha leira privada que vulneran os dereitos de todos.

Desde a Asociación esiximos ao Concello explicacións por utilizar todos os
recursos “supostamente legais”, para defender os intereses dun particular
no lugar das medidas de protección que lle proporciona a lei para
conservar e preservar os bens patrimoniais e paisaxísticos de todos os
lucenses. E aos Grupos da Oposición no Concello que pidan
responsabilidades políticas pola inxustificada permutación de terreos
públicos (ilegal segundo a nosa denuncia) para que se poidan construír nos
mesmos un edificio de nove plantas) e pola desidia e desobediencia a un
organismo con competencias superiores ao Concello en materia de Patrimonio (Consellería de Cultura) que ordenou paralizar as obras. Estamos ás beiras do río Miño de Otero Pedrayo ou do río Congo de Joseph Conrad?
-------------------------------------------------------------------------------------

http://www.parquerosalia.es/web/contencioso.htm
_________________
Saudiños,
B.
--
Si no sabes a dónde quieres ir, no tiene importancia cuál
de los caminos tomes.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Buran



Registrado: 24 Dic 2006
Mensajes: 588
Ubicación: Coruña

MensajePublicado: Mar Oct 23, 2007 9:09 am    Asunto: Contencioso pola edif. nas costas do parque d Rosalía Responder citando

Bersuit escribió:
CONTENCIOSO POLA EDIFICACION NAS COSTAS DO PARQUE DE ROSALÍA (LUGO)


Joer... vaya desfeita que quieren hacer ahí... Sad

Espero que consigan impedirlo...
_________________
--
Saludos!! Smile

WWW.NOLESVOTES.COM

Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Visitar sitio web del autor
Bersuit



Registrado: 19 Abr 2006
Mensajes: 457

MensajePublicado: Mar Oct 23, 2007 10:00 am    Asunto: Re: Contencioso pola edif. nas costas do parque d Rosalía Responder citando

Buran escribió:
Bersuit escribió:
CONTENCIOSO POLA EDIFICACION NAS COSTAS DO PARQUE DE ROSALÍA (LUGO)


Joer... vaya desfeita que quieren hacer ahí... Sad

Espero que consigan impedirlo...


Sí, sólo hay que ver el "proyecto 3D" que sale al comienzo de la página

http://www.parquerosalia.es/web/

para ver cómo se vería afectado el mirador. Particularmente para todos los que hemos disfrutado de un modo u otro de ese parque y sus cuestas la aberración resulta más patente, pero con la recreación 3D cualquiera que no haya pasado por allí se puede hacer una idea.
_________________
Saudiños,
B.
--
Si no sabes a dónde quieres ir, no tiene importancia cuál
de los caminos tomes.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Galicia Todas las horas son GMT + 1 Hora
Página 1 de 1

 
Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro


Powered by phpBB © 2001, 2008 phpBB Group