Foros de la Plataforma por una Vivienda Digna :: Ver tema - Mani "Galiza non se vende" 6 de maio
Foros de discusión Foros de la Plataforma por una Vivienda Digna
www.viviendadigna.org/foros
Foros abiertos al público para el debate sobre el derecho y la política de vivienda, la economía, etc.
La organización no se responsabiliza, ni avala los comentarios que se hacen libremente en este foro
 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 

Mani "Galiza non se vende" 6 de maio

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Galicia
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
precarias en loita



Registrado: 14 Mar 2007
Mensajes: 10

MensajePublicado: Dom Abr 22, 2007 4:40 pm    Asunto: Mani "Galiza non se vende" 6 de maio Responder citando

Terra viva e vida digna para todas.

Manifestación contra a degradación estatal do territorio.
6 de maio 2007
Santiago de Compostela 12h.
Saída desde a Alameda

A lista de convocantes non está pechada agás para figurar no cartel. Quen
queira pode sumarse á convocatoria antes do vindeiro sábado, (neste correo: fusquenlla@sospontedeume.com) día que faremos pública ante os medios de comunicación a lista completa de organizacións e o manifesto.


Galiza non se vende

A situación do territorio galego é, en certos aspectos, catastrófica. Por unha banda, o factor agrícola e gandeiro desaparece literalmente da superficie do País e, pola outra, un urbanismo disparatado, unha forestación masiva e mercantilista e unha predación sen taxa nin medida dos xacementos xeolóxicos está a mudar o rostro de Galicia para mal e ao servizo só duns poucos.

Ate o de agora os poderes autonómicos e municipais uníronse aos capitalistas especulativos nunha sorte de caricatura de Capital Monopolista de Estado. Unidos os intereses dos especuladores cos intereses da administración autonómica e municipal indisolubelmente, lanzouse unha carreira en persecución do lucro inmediato cuxa meta parece ser a destrución dos valores (que o son tamén económicos) da nosa paisaxe e da nosa herdanza natural, así en terra como en mar.

Pensamos que a situación actual esixe un golpe de leme para mudar este rumo que conduce ao suicidio colectivo no que se refire ao medio ambiente. E esa mudanza, de natureza política, debe ter en conta os intereses da maioría da poboación que desexa un País ordenado, racionalizado e próspero. O tempo da permisividade unida á corrupción nos concellos e na Xunta ten que rematar e todos e todas temos que acelerar ese final.

Pensamos que a actual Xunta de Galicia e os concellos que saian das vindeiras eleccións deberán coordinar os seus esforzos. E non só iso: a lexislación deberá modificarse e os poderes centrais de Galicia están chamados a elaborar un PLAN DIRECTOR DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, naturalmente discutido e consensuado polas organizacións sociais e núcleos de opinión. Esta participación das multitudes na elaboración de tal Plan Director constituirá a garantía de que sexa plenamente democrático. Ora ben, sen planificación central e democrática da ordenación territorial o caos perpetuaríase.

Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Caurel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galicia. Soou a hora de que digamos: ABONDA!

A mobilización do 6 de maio en Compostela ten que significar unha grande xornada de esperanza e unha chamada á Xunta de Galicia e as administracións locais para que exerzan realmente o poder de que dispoñen para frear esta vaga de degradación e dilapidación do noso patrimonio sen se deixar intimidar polas forzas poderosas do diñeiro e da cobiza.

Convocan:
Fusquenlla, Verdegaia, Caleidoskopio, Grupo Axitación Social, CS A Revolta, Bouzas Móvete, Salvemos Monteferro, Luita Verde, FEG, Adega, Greenpeace, Foro Social de Cangas, Comité de emerxencia da ría de Ferrol, Colectivo nacionalista de Marín, Ortigueira sostíbel, Sos Courel, Natura céltica, Cíes artesanais, Plataforma contra a piscifactoría da costa Galloufa, Alumnas da Faculdade de Informática de a Coruña, Salvemos Sanxenxo, Asociación Fuco Buxán, Choiva Ázeda, Comisión RGP
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
precarias en loita



Registrado: 14 Mar 2007
Mensajes: 10

MensajePublicado: Dom Abr 22, 2007 4:51 pm    Asunto: non estatal Responder citando

Perdón, é "contra a degradación do territorio" e non "contra a degradación ESTATAL do territorio"
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
papeltijera



Registrado: 29 Dic 2006
Mensajes: 263

MensajePublicado: Lun Abr 23, 2007 11:18 am    Asunto: Responder citando

sí, aínda que contra a degradación estatal estaría mellor, porque pedirlle á xunta que faga centralismo democrático e produza un País ordenado, racionalizado e próspero é como que a xunta convoque a manifestación, qué máis quere ela. A multitude terá que procura-la súa organización descentralizada e multitudinaria, racional-poética, e descubrir formas novas de prosperidade. Mais sorte, pasádeo ben os que vaiades, xa contaredes.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
papeltijera



Registrado: 29 Dic 2006
Mensajes: 263

MensajePublicado: Vie May 04, 2007 6:08 pm    Asunto: Responder citando

Eh, hay dos hilos para la misma mani, estaría bien unirlos.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Bersuit



Registrado: 19 Abr 2006
Mensajes: 457

MensajePublicado: Vie May 04, 2007 6:47 pm    Asunto: Responder citando

Sí, efectivamente hay 2 hilos para la misma manifa. Por favor, ya sé que todos queremos que se lean nuestros mensajes, pero antes de postear nada, mejor leamos un poquito lo que hay.

No son santo de mi devoción las personas que utilizan esto como si fuera un tablón de anuncios de la universidad y no como un foro de discusión, pero por lo menos de utilizarlo de tablón de anuncios, no lo empapeléis todo de carteles de la misma cosa.

Salu2,
B
_________________
Saudiños,
B.
--
Si no sabes a dónde quieres ir, no tiene importancia cuál
de los caminos tomes.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
papeltijera



Registrado: 29 Dic 2006
Mensajes: 263

MensajePublicado: Sab May 05, 2007 9:34 am    Asunto: Responder citando

protesto, este hilo se abrió el 22 de abril, aunque a mí tampoco me importa mucho, con los hilos se teje, hasta pronto.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Bersuit



Registrado: 19 Abr 2006
Mensajes: 457

MensajePublicado: Sab May 05, 2007 11:42 am    Asunto: Responder citando

papeltijera escribió:
protesto, este hilo se abrió el 22 de abril, aunque a mí tampoco me importa mucho, con los hilos se teje, hasta pronto.


Protestas aceptadas. Mea culpa Embarassed , mea fuera de tiesto.

Con los hilos también se ata, precarias, desatad vuestos hilos e hilarlos con los nuestros.

Salud,
B
_________________
Saudiños,
B.
--
Si no sabes a dónde quieres ir, no tiene importancia cuál
de los caminos tomes.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Galicia Todas las horas son GMT + 1 Hora
Página 1 de 1

 
Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Powered by phpBB © 2001, 2008 phpBB Group