 |
Foros de la Plataforma por una Vivienda Digna www.viviendadigna.org/foros Foros abiertos al público para el debate sobre el derecho y la política de vivienda, la economía, etc. La organización no se responsabiliza, ni avala los comentarios que se hacen libremente en este foro
|
| Ver tema anterior :: Ver tema siguiente |
| Autor |
Mensaje |
precarias en loita
Registrado: 14 Mar 2007 Mensajes: 10
|
Publicado: Dom Abr 22, 2007 4:40 pm Asunto: Mani "Galiza non se vende" 6 de maio |
|
|
Terra viva e vida digna para todas.
Manifestación contra a degradación estatal do territorio.
6 de maio 2007
Santiago de Compostela 12h.
Saída desde a Alameda
A lista de convocantes non está pechada agás para figurar no cartel. Quen
queira pode sumarse á convocatoria antes do vindeiro sábado, (neste correo: fusquenlla@sospontedeume.com) día que faremos pública ante os medios de comunicación a lista completa de organizacións e o manifesto.
Galiza non se vende
A situación do territorio galego é, en certos aspectos, catastrófica. Por unha banda, o factor agrícola e gandeiro desaparece literalmente da superficie do País e, pola outra, un urbanismo disparatado, unha forestación masiva e mercantilista e unha predación sen taxa nin medida dos xacementos xeolóxicos está a mudar o rostro de Galicia para mal e ao servizo só duns poucos.
Ate o de agora os poderes autonómicos e municipais uníronse aos capitalistas especulativos nunha sorte de caricatura de Capital Monopolista de Estado. Unidos os intereses dos especuladores cos intereses da administración autonómica e municipal indisolubelmente, lanzouse unha carreira en persecución do lucro inmediato cuxa meta parece ser a destrución dos valores (que o son tamén económicos) da nosa paisaxe e da nosa herdanza natural, así en terra como en mar.
Pensamos que a situación actual esixe un golpe de leme para mudar este rumo que conduce ao suicidio colectivo no que se refire ao medio ambiente. E esa mudanza, de natureza política, debe ter en conta os intereses da maioría da poboación que desexa un País ordenado, racionalizado e próspero. O tempo da permisividade unida á corrupción nos concellos e na Xunta ten que rematar e todos e todas temos que acelerar ese final.
Pensamos que a actual Xunta de Galicia e os concellos que saian das vindeiras eleccións deberán coordinar os seus esforzos. E non só iso: a lexislación deberá modificarse e os poderes centrais de Galicia están chamados a elaborar un PLAN DIRECTOR DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, naturalmente discutido e consensuado polas organizacións sociais e núcleos de opinión. Esta participación das multitudes na elaboración de tal Plan Director constituirá a garantía de que sexa plenamente democrático. Ora ben, sen planificación central e democrática da ordenación territorial o caos perpetuaríase.
Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Caurel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galicia. Soou a hora de que digamos: ABONDA!
A mobilización do 6 de maio en Compostela ten que significar unha grande xornada de esperanza e unha chamada á Xunta de Galicia e as administracións locais para que exerzan realmente o poder de que dispoñen para frear esta vaga de degradación e dilapidación do noso patrimonio sen se deixar intimidar polas forzas poderosas do diñeiro e da cobiza.
Convocan:
Fusquenlla, Verdegaia, Caleidoskopio, Grupo Axitación Social, CS A Revolta, Bouzas Móvete, Salvemos Monteferro, Luita Verde, FEG, Adega, Greenpeace, Foro Social de Cangas, Comité de emerxencia da ría de Ferrol, Colectivo nacionalista de Marín, Ortigueira sostíbel, Sos Courel, Natura céltica, Cíes artesanais, Plataforma contra a piscifactoría da costa Galloufa, Alumnas da Faculdade de Informática de a Coruña, Salvemos Sanxenxo, Asociación Fuco Buxán, Choiva Ázeda, Comisión RGP |
|
| Volver arriba |
|
 |
precarias en loita
Registrado: 14 Mar 2007 Mensajes: 10
|
Publicado: Dom Abr 22, 2007 4:51 pm Asunto: non estatal |
|
|
| Perdón, é "contra a degradación do territorio" e non "contra a degradación ESTATAL do territorio" |
|
| Volver arriba |
|
 |
papeltijera
Registrado: 29 Dic 2006 Mensajes: 263
|
Publicado: Lun Abr 23, 2007 11:18 am Asunto: |
|
|
| sí, aínda que contra a degradación estatal estaría mellor, porque pedirlle á xunta que faga centralismo democrático e produza un País ordenado, racionalizado e próspero é como que a xunta convoque a manifestación, qué máis quere ela. A multitude terá que procura-la súa organización descentralizada e multitudinaria, racional-poética, e descubrir formas novas de prosperidade. Mais sorte, pasádeo ben os que vaiades, xa contaredes. |
|
| Volver arriba |
|
 |
papeltijera
Registrado: 29 Dic 2006 Mensajes: 263
|
Publicado: Vie May 04, 2007 6:08 pm Asunto: |
|
|
| Eh, hay dos hilos para la misma mani, estaría bien unirlos. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Bersuit

Registrado: 19 Abr 2006 Mensajes: 457
|
Publicado: Vie May 04, 2007 6:47 pm Asunto: |
|
|
Sí, efectivamente hay 2 hilos para la misma manifa. Por favor, ya sé que todos queremos que se lean nuestros mensajes, pero antes de postear nada, mejor leamos un poquito lo que hay.
No son santo de mi devoción las personas que utilizan esto como si fuera un tablón de anuncios de la universidad y no como un foro de discusión, pero por lo menos de utilizarlo de tablón de anuncios, no lo empapeléis todo de carteles de la misma cosa.
Salu2,
B _________________ Saudiños,
B.
--
Si no sabes a dónde quieres ir, no tiene importancia cuál
de los caminos tomes. |
|
| Volver arriba |
|
 |
papeltijera
Registrado: 29 Dic 2006 Mensajes: 263
|
Publicado: Sab May 05, 2007 9:34 am Asunto: |
|
|
| protesto, este hilo se abrió el 22 de abril, aunque a mí tampoco me importa mucho, con los hilos se teje, hasta pronto. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Bersuit

Registrado: 19 Abr 2006 Mensajes: 457
|
Publicado: Sab May 05, 2007 11:42 am Asunto: |
|
|
| papeltijera escribió: | | protesto, este hilo se abrió el 22 de abril, aunque a mí tampoco me importa mucho, con los hilos se teje, hasta pronto. |
Protestas aceptadas. Mea culpa , mea fuera de tiesto.
Con los hilos también se ata, precarias, desatad vuestos hilos e hilarlos con los nuestros.
Salud,
B _________________ Saudiños,
B.
--
Si no sabes a dónde quieres ir, no tiene importancia cuál
de los caminos tomes. |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
Puede publicar nuevos temas en este foro No puede responder a temas en este foro No puede editar sus mensajes en este foro No puede borrar sus mensajes en este foro No puede votar en encuestas en este foro
|
Powered by phpBB © 2001, 2008 phpBB Group
|