 |
Foros de la Plataforma por una Vivienda Digna www.viviendadigna.org/foros Foros abiertos al público para el debate sobre el derecho y la política de vivienda, la economía, etc. La organización no se responsabiliza, ni avala los comentarios que se hacen libremente en este foro
|
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente |
Autor |
Mensaje |
Bersuit

Registrado: 19 Abr 2006 Mensajes: 457
|
Publicado: Jue Oct 18, 2007 7:48 am Asunto: O prezo da vivenda galega baixa un 0,1% no último trimestre |
|
|
Me parece que es algo que todo el mundo sabía; los datos exactos, no sé, viniendo del Minisiterio de la No Vivienda, yo ya no me creo nada. A parte que los datos son manipulables, te hablan de los últimos 12 meses y no del año natural 2007 para que la caída sea más suavizada, en fin. De todas formas elegí este titular y no el de La Coz no sólo por variar las fuentes sino porque me parece más significativo decir que "baja en Galicia" que no que "sólo sube en Pontevedra". (v.tb. http://www.lavozdegalicia.es/portada/index.htm : El precio de la vivienda en Galicia sólo subió en Pontevedra en el tercer trimestre del año )
-------------------------------------------------------------------------------------
http://www.xeracion.com/nova/3662.html
-------------------------------------------------------------------------------------
Datos do Ministerio de Vivenda
O prezo da vivenda galega baixa un 0,1% no último trimestre
O prezo dos pisos descendeu unha décima en Galicia entre xuño e setembro, respecto ós tres meses anteriores, segundo os últimos datos facilitados polo Ministerio de Vivenda. No mesmo período, os pisos subiron no conxunto do Estado un 0,3%.
Este proceso de desaceleración do mercado do ladrillo semella confirmarse segundo as últimas tendencias. O prezo da vivenda aumenta cada vez a un menor ritmo dende que o seu encarecemento tocara teito en abril de 2004, ao subir un 18% de media en España.
Pese a isto, os datos interanuais reflicten que o prezo da vivenda na autonomía incrementouse no último ano por enriba da media estatal, subindo un 6,5% fronte ó aumento do 5,3% rexistrado no conxunto de España.
As cifras de Vivenda amosan tamén un aumento no prezo da vivenda de ata dous anos de antigüidade, alcanzando os 1.624 euros por metro cadrado, un 6,7% máis que no terceiro trimestre de 2006. En canto ós inmobles que superan esta franxa de tempo, o prezo elevouse a 1.361 euros o metro cadrado, un 6,1% máis que no mesmo período do ano anterior.
Pontevedra, á cabeza da subida
Por provincias, en Pontevedra é onde máis se incrementou o prezo dos pisos no último ano (7,2%), seguida de A Coruña (5,7%). En Lugo a vivenda subiu un 4,6% e en Ourense tan só un 2,4%. En canto ao último trimestre, o prezo da vivenda só subiu en Pontevedra e Ourense. En Lugo o valor dos pisos descendeu un 1,5% e en A Coruña un 0,7%.
A Coruña e Vigo seguen a ser as cidades galegas onde é máis caro mercar un piso. No extremo oposto sitúase Carballo, que é a vila galega de máis de 25.000 habitantes onde a vivenda custa menos, e unha das máis baratas do Estado.
Vivenda protexida
Finalmente, os datos do Ministerio sinalan que a vivenda protexida encareceuse en Galicia nun 3,5% durante os últimos doce meses, un incremento inferior ó rexistrado no conxunto de España, que foi do 5,3%. Só no terceiro trimestre do ano, a subida de prezos na comunidade galega (do 0,7%) foi practicamente a metade que a media estatal, onde o incremento é do 1,3%.
A nivel provincial, os maiores incrementos de prezos en vivenda protexida no último ano rexistráronse na Coruña (7,1%) e Pontevedra (4,6%), mentres que en Ourense foi do 2,5%. En contraste, este tipo de inmobles rebaixáronse en Lugo un 1,6%, segundo as estatísticas da Administración central.
Obxectivo: subas iguais ao IPC
O Ministerio de Vivenda manifestou que esta ralentización do mercado inmobiliario avanza cara o obxectivo marcado a principios da lexislatura: que o prezo dos pisos aumente ao ritmo do IPC. Este índice marcou un 2,7% en España e un 2,3% en Galicia no seu último dato, polo que a vivenda segue a marcar subidas notablemente maiores. Pese a todo, é apreciable que nos últimos meses o sector está a atravesar un reaxuste que marca prezos á baixa.
"Os prezos non poden baixar"
O xerente da Asociación de Promotores Inmobiliarios de Pontevedra (Aproin), Miguel Font, recoñeceu que a evolución dos prezos da vivenda en Galicia está relacionada coa caída na demanda de pisos na comunidade, o que provoca "que o mercado se retraia" e que os construtores "tarden moitísimo máis en vender un piso".
Porén, o xerente de Aproin refugou que se teña producido un descenso no prezo de venda ó público. "Estes datos non queren dicir que baixen os prezos, porque os prezos non poden baixar", sinalou Font, posto que os promotores "mercaron o solo a uns prezos enormes" ante a falla de terreos onde construír.
O xerente da entidade pontevedresa augurou que as perspectivas nos vindeiros meses pasan porque "o mercado vai seguir desacelerándose". Non obstante, insistiu en que esta evolución está moi condicionada polos plans urbanísticos de cada concello" ó tempo que engadiu como factor negativo para o sector a "inseguridade xurídica" que provocaron as novas normativas aprobadas pola Xunta e o Goberno central.
------------------------------------------------------------------------------------- _________________ Saudiños,
B.
--
Si no sabes a dónde quieres ir, no tiene importancia cuál
de los caminos tomes. |
|
Volver arriba |
|
 |
Buran

Registrado: 24 Dic 2006 Mensajes: 588 Ubicación: Coruña
|
Publicado: Jue Oct 18, 2007 4:09 pm Asunto: Re: O prezo da vivenda galega baixa un 0,1% no último trimes |
|
|
Bersuit escribió: | Me parece que es algo que todo el mundo sabía; los datos exactos, no sé, viniendo del Minisiterio de la No Vivienda, yo ya no me creo nada. |
Habría otro dato interesante si se pudiera conocer sin retoques: el de las ventas.
Porque me parece que va en picado... por eso los precios ya no suben disparadamente como hasta ahora.
A lo mejor al cohete se le está terminando la pólvora... _________________ --
Saludos!!
WWW.NOLESVOTES.COM
 |
|
Volver arriba |
|
 |
|
|
Puede publicar nuevos temas en este foro No puede responder a temas en este foro No puede editar sus mensajes en este foro No puede borrar sus mensajes en este foro No puede votar en encuestas en este foro
|
Powered by phpBB © 2001, 2008 phpBB Group
|