 |
Foros de la Plataforma por una Vivienda Digna www.viviendadigna.org/foros Foros abiertos al público para el debate sobre el derecho y la política de vivienda, la economía, etc. La organización no se responsabiliza, ni avala los comentarios que se hacen libremente en este foro
|
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente |
Autor |
Mensaje |
Bersuit

Registrado: 19 Abr 2006 Mensajes: 457
|
Publicado: Jue Ago 14, 2008 8:15 am Asunto: AXUDAS públicas para VIVENDA |
|
|
MODIFICACIÓNS IMPORTATNTES DO PROGRAMA DE VIVENDA EN ALUGUEIRO
Onte 13 de marzo, a Consellería de Vivenda e Solo facía públicas varias modificacións con relación a este programa (herdeiro da antiga bolsa de alugueiro). A liña das modificacións é adecuar este tipo de axuda á subida do IPC, e así atopamos:
- Aumento do tope máximo dos ingresos do 2,5 á 3 veces o IPREM ( menos de 20.000 € brutos/ano)
- Prezo máximo do aluguer da vivenda de 450€ a 500€ (600€ en grandes cidades)
- A subvención para rehabilitación ós propietarios pasa de 6000€ a 12000€.
- Elimínase como requisito das vivendas o de levar desocupadas 6 meses, podendo participar no programa calquera vivenda que non estea ocupada no momento de inscribirse neste.
Máis info da nova:
http://conselleriavivenda.xunta.es/web/comunicacion/detallenova?content=/PortalVivenda/SalaComunicacion/Novas/noticia_0256.html
Info do programa:
http://conselleriavivenda.xunta.es/web/actuamos/133 _________________ Saudiños,
B.
--
Si no sabes a dónde quieres ir, no tiene importancia cuál
de los caminos tomes.
Ultima edición por Bersuit el Jue Ago 14, 2008 8:18 am, editado 1 vez |
|
Volver arriba |
|
 |
Bersuit

Registrado: 19 Abr 2006 Mensajes: 457
|
Publicado: Jue Ago 14, 2008 8:17 am Asunto: |
|
|
NOVO REXISTRO DE DEMANDANTES DE VIVENDA PROTEXIDA
O día 18/04/2008 saiu publicada no DOG a Orde pola que se constitúe o Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida de Galicia, que entrará en vigor a partir do día seguinte.
Este novo rexistro ven a coordinar e integrar o Rexistro de demandantes de vivendas de protección autonómica creado polo Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro, e o Rexistro de demandantes de VPP creado polo Decreto 253/2007, do 13 de decembro.
Os que xa esteades apuntados nalgún dos 2 rexistros anteriores non tendes que apuntarvos outra vez xa que se van refundir neste novo que ven de constituirse, e se discriminará a selección para unha vivienda de promoción autonómica (VPA) ou pública (VPP) en función dos ingresos.
Para os que non estedes o tanto, debedes saber que a inscripción neste rexistro é o primeiro paso que debedes dar optar a unha VPA ou VPP tanto en rexime de compra como de alugueiro na Comunidade Autónoma de Galicia.
Máis información:
+ http://conselleriavivenda.xunta.es
+ Teléfono: 902-100054
+ Presencialmente: Sede central da Consellería ou Delegacións provinciais. _________________ Saudiños,
B.
--
Si no sabes a dónde quieres ir, no tiene importancia cuál
de los caminos tomes. |
|
Volver arriba |
|
 |
Bersuit

Registrado: 19 Abr 2006 Mensajes: 457
|
Publicado: Lun Ago 18, 2008 1:13 pm Asunto: |
|
|
BONO-VIVENDA: Axuda ao aluguer para estudantes de FP
1. QUÉ É O BONO-VIVENDA?
A Consellería de Vivenda e Solo convoca por segundo ano a liña de axudas, denominada bono-vivenda, cuxa finalidade é conceder unha axuda aos estudiantes de Formación Profesional para financiar os gastos do aluguer da vivenda.
2. QUEN SE PODE BENEFICIAR?
Poden solicitar este bono-vivenda os estudiantes que no curso académico 2008-2009 cursen ciclos formativos de grao medio ou superior de formación profesional en centros públicos situados a máis de 50 quilómetros do domicilio habitual.
3. CANDO SOLICITAR O BONO-VIVENDA?
Desde o 15 de xullo ata o 30 de setembro.
4. CONTÍA DO BONO-VIVENDA E FORMA DE PAGO
Concederase un máximo de 2.000 euros a cada beneficiario, que serán ingresados mediante transferencia bancaria. A axuda nunca superará o importe do contrato de aluguer polo número de meses que dure o ciclo formativo.
5. CALES SON OS REQUISITOS?
Para poder beneficiarse desta axuda deberanse acreditar as seguintes circunstancias:
a) Ter empadroamento durante os últimos dous anos nunha localidade que diste máis de 50 quilómetros do centro de ensino.
b) Ter aprobadas todas as materias ou módulos do curso 2006-2007 entre as convocatorias de xuño e setembro.
c) Os ingresos da unidade familiar non deben superar os 23.000 euros. No caso de que o solicitante sexa maior de idade, non dependa dunha unidade familiar e teña ingresos propios, estes non poderán ser inferiores a 4.000 euros nin superiores aos 23.000 euros.
d) Ter feita a matrícula para un curso completo de ciclo formativo de formación profesional polo réxime ordinario para o curso 2008-2009, nalgún centro público da Comunidade Autónoma galega e non dispor de praza nun centro máis próximo ao seu domicilio familiar.
e) Non estar matriculado/a só no módulo de formación en centros de traballo.
f) Non ter praza nun centro residencial docente.
g) Asinar o contrato de arrendamento de vivenda ou de tempada.
6. CÓMO SOLICITAR O BONO-VIVENDA?
Presentando a solicitude empregando o modelo normalizado que pode baixarse da páxina web da Consellería de Vivenda e Solo. A solicitude entregarase preferentemente no rexistro central da Consellería de Vivenda e Solo en Santiago de Compostela, aínda que tamén poderá presentarse no rexistros das delegacións provinciais da Consellería de Vivenda e Solo, nos rexistros de calquera órgano administrativo ou por correo.
7. CÓMO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?
Podes obter máis información nos servizos centrais da Consellería de Vivenda e Solo, na páxina web www.conselleriavivenda.xunta.es e no número de teléfono 981-541982.
Fonte: http://conselleriavivenda.xunta.es/web/paraquen/59
Convocatoria deste ano:
Orde do 2 de xullo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca a concesión de bolsas para o acceso en alugueiro a vivenda para estudantes de ciclos formativos da formación profesional inicial do curso 2008-2009(Formato PDF) _________________ Saudiños,
B.
--
Si no sabes a dónde quieres ir, no tiene importancia cuál
de los caminos tomes. |
|
Volver arriba |
|
 |
|
|
Puede publicar nuevos temas en este foro No puede responder a temas en este foro No puede editar sus mensajes en este foro No puede borrar sus mensajes en este foro No puede votar en encuestas en este foro
|
Powered by phpBB © 2001, 2008 phpBB Group
|