 |
Foros de la Plataforma por una Vivienda Digna www.viviendadigna.org/foros Foros abiertos al público para el debate sobre el derecho y la política de vivienda, la economía, etc. La organización no se responsabiliza, ni avala los comentarios que se hacen libremente en este foro
|
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente |
Autor |
Mensaje |
Bersuit

Registrado: 19 Abr 2006 Mensajes: 457
|
Publicado: Mie Abr 15, 2009 1:10 am Asunto: Promesas para os novos tempos |
|
|
Sacado do discurso de presentación do candidato Alberto Núñez Feijoo a Presidente da Xunta de Galicia:
A política de Vivenda do goberno, como xa se avanzou, atenderá a un triplo obxectivo:
- Axudar a resolver os problemas que as familias e os mozos teñen para acceder a unha vivenda;
- Contribuír á reactivación dun sector do que depende o traballo de moitas persoas en Galicia;
- E mellorar o stock de vivendas de Galicia, non só en cantidade, senón tamén en calidade.
Para elo, ademais das iniciativas fiscais xa expostas o goberno impulsará outras medidas entre as que quero destacar as seguintes:
- Impulsaremos a sinatura dun Acordo entre a administración e todos os actores do sector inmobiliario (promotores, entidades de crédito, colexios de notarios e rexistradores da propiedade), que propicie a saída ao mercado do stock de vivendas existente en Galicia no curto prazo, a través de diferentes fórmulas de acceso, e cun compromiso de prezos máximos.
- Paralelamente, investirase na adquisición de vivendas a prezo taxado co mesmo obxectivo de reducir o stock de pisos baleiros.
- Impulsaremos programas específicos de vivenda en aluguer, de vivenda en aluguer con opción de compra, e impulsaremos a construcción de VPO alí onde a demanda o faga racionalmente necesario.
Accións fiscais referidas (todas orientadas á compra, como non):
- Reformaremos o Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, para rebaixar ás familias numerosas (con carácter permanente) e aos menores de 35 anos (nos próximos tres anos) que adquiran a súa vivenda habitual os tipos impositivos do 7% ao 4% no Imposto de Transmisións Patrimoniais (un 43%); e do 0,75% ao 0,3% (un 50% menos) no Imposto sobre Actos Xurídicos Documentados.
Podo anunciarlles que a última medida exposta será unha das primeiras que aprobe o goberno. Non ten senso que hoxe, co stock de vivendas baleiras que hai en Galicia, unha familia numerosa ou un mozo pague en Galicia 6.800€ máis en impostos por adquirir unha vivenda media (180.000€) que na rexión de Murcia.
A miña crítica:
De novo un enfoque económico (sistema produtivo) e non social (dereito). E por suposto, aposta preferente por solucionar o problema do acceso a través da compra e non do alugueiro. Que hai do de converxer con Europa?: en Alemaña a metade de vivendas son de alugueiro, en Francia o parque de vivendas público nesta modalidade é do 20%... En fin, e non será porque alí non haxa tamén unha "cultura da propiedade privada".
Preocúpame o enfoque exclusivo cara ás familias e os mozos; como se os separados, solteiros e xubilados non tivesen problemas coa vivenda. Este non é un problema de idade ou de situación civil senón de ingresos. Sorpréndeme á importancia cuasi-eclesial que lle da ás familias; sobre todo nunha sociedade cambiante na que o concepto familia queda anacrónico e vai sendo substituído por unidades convivenciais, grazas en parte a unha pésima xestión da política de vivenda sacrificada en aras dun crecemento económico non sostíbel a base de endebedamento perpetuo. Por outra banda, non me queda moi claro esa combinación de apostar polo I+D+I e o valor engadido no traballo e despois volver co de reactivar unha burbulla pinchada tan tecnolóxicamente punteira como é a do ladrillo. _________________ Saudiños,
B.
--
Si no sabes a dónde quieres ir, no tiene importancia cuál
de los caminos tomes. |
|
Volver arriba |
|
 |
Buran

Registrado: 24 Dic 2006 Mensajes: 588 Ubicación: Coruña
|
Publicado: Mie Abr 15, 2009 8:19 am Asunto: Re: Promesas para os novos tempos |
|
|
Bersuit escribió: | A miña crítica:
De novo un enfoque económico (sistema produtivo) e non social (dereito). E por suposto, aposta preferente por solucionar o problema do acceso a través da compra e non do alugueiro. Que hai do de converxer con Europa?: en Alemaña a metade de vivendas son de alugueiro, en Francia o parque de vivendas público nesta modalidade é do 20%... En fin, e non será porque alí non haxa tamén unha "cultura da propiedade privada".
Preocúpame o enfoque exclusivo cara ás familias e os mozos; como se os separados, solteiros e xubilados non tivesen problemas coa vivenda. Este non é un problema de idade ou de situación civil senón de ingresos. Sorpréndeme á importancia cuasi-eclesial que lle da ás familias; sobre todo nunha sociedade cambiante na que o concepto familia queda anacrónico e vai sendo substituído por unidades convivenciais, grazas en parte a unha pésima xestión da política de vivenda sacrificada en aras dun crecemento económico non sostíbel a base de endebedamento perpetuo. Por outra banda, non me queda moi claro esa combinación de apostar polo I+D+I e o valor engadido no traballo e despois volver co de reactivar unha burbulla pinchada tan tecnolóxicamente punteira como é a do ladrillo. |
Non podo estar mais dacordo.
O enfoque é o de sempre: Intentamos voltar a mover o tema ladrilleiro como sexa. O caso é facer que se constrúa sen parar para manter o tinglado funcionando. ¿De qué stock de vivendas fala? ¡Hai vivendas dabondo! ¡Sobran vivendas!
O dos "mozos" e as familias non ten outra razón de ser que:
1.- Limitar o acceso ás supostas medidas a moita xente que simplemente ainda necesitándoo, queda fora. (e de paso aforran cartos)
2.- Facer un bonito titular na prensa e nos medios. Que iso sempre vende.
Parece que neste país a partir 30 e tantos anos, méteste nunha especie de "campo de asteroides", no que os políticos dan por feito que tes unha vida acomodada e resolta e directamente ignórante para todo menos para pagar aquí e alá.
Cando resulta que é nesas edades nas que moita xente ten problemas de separacions, divorcios e demáis e se queda completamente desprotexido (e máis sendo varón), cando se ten que ser máis productivo, cando se ten máis dificultade para acceder a un emprego, sobre todo a partir de determinadas edades nas que se "é vello" para todo (ainda que o que ten que contratarte polo xeral ainda é mais vello que ti, pero para iso é o xefe), etc, etc.
Hai veces que penso que os que andan por esas idades, son directamente ignorados e invisibeis.
Neste país se ten moita tendencia a discriminar por razón de idade o de sexo ou calqueira outra cousa porque se fan medidas cara a colectivos que teñen que cumprir certas condicións e se esquece a primeira de esas condicións: Estar en situación de PRECISAR esas medidas. Independientemente da idade e outras consideracións. _________________ --
Saludos!!
WWW.NOLESVOTES.COM
 |
|
Volver arriba |
|
 |
Bersuit

Registrado: 19 Abr 2006 Mensajes: 457
|
Publicado: Mar Abr 21, 2009 1:40 pm Asunto: Re: Promesas para os novos tempos |
|
|
Buran escribió: | O enfoque é o de sempre: Intentamos voltar a mover o tema ladrilleiro como sexa. O caso é facer que se constrúa sen parar para manter o tinglado funcionando. ¿De qué stock de vivendas fala? ¡Hai vivendas dabondo! ¡Sobran vivendas! |
Deste stock: "Paralelamente, investirase na adquisición de vivendas a prezo taxado co mesmo obxectivo de reducir o stock de pisos baleiros. ". Vamos, que a propia Xunta endebedarase para mercar os pisos baleiros e reflotar o mercado do ladrillo; e ese é o novo modelo anticrise!!??. Calquera economista con dous dedos de fronte vería isto como o que é, un suicidio colectivo.
Inda que temos o que merecemos, porque a meirande parte da sociedade non quere pagar impostos, non quere colaborar en nada público, e por suposto nin pensar en política; iso para os "profesionais", que nolo solucionen todo. Porque cando as cousas ían ben todo pepito pasapisero era liberal, agora que as cousas se complican: "papa Estado, axúdame por dios!!"
Buran escribió: | Hai veces que penso que os que andan por esas idades, son directamente ignorados e invisibeis. |
Parece que entre os 35 anos e os 65 (ou na que poñan agora a xubilación), a non ser que teñas "familia", non existes, e iso independentemente que vivas nun caixeiro ou nun palacio. Supoño que o feito de contar con asociacións familiares, de mozos, de mulleres... fan que os seus "problemas específicos" estean máis presentes na sociedade.
Sen embargo, volvo a insistir, a fin de contas o verdadeiro problema non é que señas home ou muller, xoven ou vello ou teñas 0 ou 7 fillos senón que recursos teñas. E cando o Estado non provee de recursos básicos a todos os seus cidadáns, certamente eu chamaría a iso discriminación. A non ser que non entendan a vivenda como recurso básico... _________________ Saudiños,
B.
--
Si no sabes a dónde quieres ir, no tiene importancia cuál
de los caminos tomes. |
|
Volver arriba |
|
 |
|
|
Puede publicar nuevos temas en este foro No puede responder a temas en este foro No puede editar sus mensajes en este foro No puede borrar sus mensajes en este foro No puede votar en encuestas en este foro
|
Powered by phpBB © 2001, 2008 phpBB Group
|