 |
Foros de la Plataforma por una Vivienda Digna www.viviendadigna.org/foros Foros abiertos al público para el debate sobre el derecho y la política de vivienda, la economía, etc. La organización no se responsabiliza, ni avala los comentarios que se hacen libremente en este foro
|
| Ver tema anterior :: Ver tema siguiente |
| Autor |
Mensaje |
papeltijera
Registrado: 29 Dic 2006 Mensajes: 263
|
Publicado: Jue Abr 19, 2007 6:04 pm Asunto: Proposta de desexos mínimos |
|
|
Proposta do comité de salvaxes mergullando no serán, maniasamblea de maría pita
Este non é un programa nin un manifesto. E unha modesta proposición pra destruir na asamblea. E unha proposta de desexos mínimos.
1. Somos unha asamblea pequerrecha. Queremos o que somos quen de querer sen tolear. Saberemos e pediremos máis.
2. A asamblea fai as súas esixencias ós gobernos e empresas, mais non é nin será parte de gobernos nin empresas.
3. A asamblea non prepara leis nin regulamentos. A asamblea descubre en sí mesma o dereito á vivenda. Os gobernos farán o que precisen pra que ese dereito non exista nin sexa nada, mais a asamblea bailará o seu baile e pensamento nas rúas.
4. Calquera que non teña ingresos terá dereito a unha vivenda sen pagar alquiler ningún. Non haberá que dar explicacións por non ter ingresos.
5. Calquera que teña salario mínimo, ou contrato temporal, ou contrato indefinido que non lle goste, terá dereito a alquilar unha vivenda pagando mensualmente entre 50-100 euros, segundo decida a asamblea.
6. Non haberá diferencia de edade, sexo, orixe nin dereitos segundo as leis dos estados, pra ter e disfrutar este dereito.
7. As persoas serán libres de se agrupar pra vivir como lles pete, en unidades e conxuntos formados pra súa felicidade e a dos outros, e terán vivendas grandes dabondo.
8. En cada vivenda haberá espacio dabondo pra vivir nelas varias horas ó día sen tolear, sitio pra pequenas celebracións de calquera tipo, e ter invitados ata que cansen e marchen.
9. Os inquilinos terán dereito a establece-lo xeito de vida en común, e terán sitio pra actividades e celebracións.
10. Calquera poderá mudarse de casa e lugar cando lle pete, e cambiar de vivenda por outra mais grande ou pequena se o precisa.
11. Corresponde ós gobernos e empresas que estes dereitos non existan sequera nos desexos. A tarea das asambleas, mentres non atopen xeito mellor, é obrigalos a introducilos na Realidade. A asamblea pode mais non desexa botarse ó lombo os trabaxos constitucionais, lexislativos, regulamentarios e de organización, negociación e contratación que os gobernos e empresas saben levar adiante exclusivamente no seu propio beneficio.
12. As empresas constructoras deben desaparecer, mais en tanto non se dignen facelo non se lles pagará un can nin se lles deixará forrarse con obras públicas nin privadas nas que a xente é consumidora-consumida e convertida en economía e tedio.
13. Non se farán casas novas mentres non se reordee o uso das que xa están feitas e baleiras. Non se destruirá a beleza nin a intelixencia con casas. As casas estarán comunicadas polo transporte público e camiños pra camiñar e andar en bicicleta. Non se farán casas sen espacios públicos abertos e pechados que os veciños empregarán como lles pete.
14. A asamblea ten a capacidade de reimaxina-la realidade, cambiala segundo as súas enerxías, procura-lo común e imposible coas outras asambleas pola realidade digna.
15. Este texto non pode existir, ninguén é tolo dabondo pra escribilo, nin pra crer que poda facerse realidade nin servir de guía pra cambiar de realidade, mais curiosamente existe aquí. |
|
| Volver arriba |
|
 |
papeltijera
Registrado: 29 Dic 2006 Mensajes: 263
|
Publicado: Sab May 05, 2007 8:09 pm Asunto: |
|
|
| Esta Comisión Provisional do Comité de Salvaxes recomenda ó Comité que considere si a situación na que propuxo os desexos mínimos pra calquera acción e teoría ten cambiado logo de que os Invisiveis ou Os Outros berraran polas rúas a consigna "pisos de luxo gratis", o 5 de maio de 2007, no salvaxe serán, e nese caso engada ou modifique o que considere oportuno na súa proposta inicial, etc. etc. |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
Puede publicar nuevos temas en este foro No puede responder a temas en este foro No puede editar sus mensajes en este foro No puede borrar sus mensajes en este foro No puede votar en encuestas en este foro
|
Powered by phpBB © 2001, 2008 phpBB Group
|