 |
Foros de la Plataforma por una Vivienda Digna www.viviendadigna.org/foros Foros abiertos al público para el debate sobre el derecho y la política de vivienda, la economía, etc. La organización no se responsabiliza, ni avala los comentarios que se hacen libremente en este foro
|
| Ver tema anterior :: Ver tema siguiente |
| Autor |
Mensaje |
Xiana
Registrado: 16 Ene 2007 Mensajes: 9
|
|
| Volver arriba |
|
 |
birnarem
Registrado: 08 Ene 2007 Mensajes: 6 Ubicación: A Coruña
|
Publicado: Mar Sep 04, 2007 11:43 am Asunto: |
|
|
En breve informaremos de todos os datos da convocatoria, pero a falla de concretar algunhas cousas aquí vai un adianto:
- Masa Crítica Galiza: Sábado 22 de setembro ás 12:30h, saída da Alameda de Santiago de Compostela.
- Haberá actividades paralelas, probablemente un curso de mecánica básica para bici (en principio pola mañá antes da masa), e pola tarde haberá unha conferencia-charla-coloquio, na que intervirán entre outr@s representantes das 3 masas críticas que existen hoxe en día en Galiza.
- Desde Coruña haberá varias posibilidades de achegarse a Santiago: Un primeiro grupo sairemos en bici o venres despois de comer, faremos noite en Ordes e chegaremos o sábado pola mañá a Santiago para á masa. Outro grupo (clubes ciclistas e xente entrenada) saíran o sábado pola mañá. E outra xente sairía en tren o sábado ás 09:30h. Aínda queda por confirmar parte do horario. Tamén se poden formar grupos pola vosa conta ou desprazarse ao voso gusto.
É importante apuntarse sobre todo se queredes ir ou voltar en tren, xa que se non o facedes non é seguro que teñades sitio para as bicis. Podedes facelo aquí: http://www.editgrid.com/user/masacriticacoru/masa_critica_galiza
Outra forma sería a través dos correos:
manelmalde (arroba) yahoo (punto) es
birnarem (arroba) yahoo (punto) es
Seguiremos informando..... |
|
| Volver arriba |
|
 |
birnarem
Registrado: 08 Ene 2007 Mensajes: 6 Ubicación: A Coruña
|
Publicado: Vie Sep 07, 2007 5:50 pm Asunto: |
|
|
1ª MASA CRÍTICA GALEGA. Sábado 22 de setembro. 12:30h na Alameda de Santiago de Compostela
O panorama nas nosas cidades é hoxe en día desolador: as rúas convertidas en couto privado dos automóbiles, cos demáis usuarios da vía pública acantoados, fuxindo do perigo. Motos a escape libre, bocinazos, atoramentos, as beirarrúas empregadas como aparcadoiro. Autovías, circunvalacións que actúan como barreiras, foxos infranqueables que desconectan barrios. A función orixinal da cidade como espazo socializador, de intercambio cultural e interacción humana vese afastado no medio do caos circulatorio. O peón e o ciclista son especies ameazadas, en perigo de extinción. ¿Que podemos facer?
Temos que ser conscientes da pegada ecolóxica que conlevan as nosas necesidades de desprazamento, dos custos ambientais e sociais que representan. Temos que avaliar a realidade desas necesidades e o xeito de realizalas co menor custo posible. Temos que recuperar a nosa centralidade como parte da cidade, desbotando o coche, e a actitude que representa, do noso xeito de vida. Temos que recuperar as rúas, as prazas, a convivencia, o xogo na rúa. En definitiva, temos que rehumanizar as cidades. Un elemento fundamental nesa humanización son as posibilidades que ofrece a bicicleta.
Máis a bicicleta non é unicamente un medio de transporte, é un elemento socializador, de saúde, liberador, divertido, que ademais contribúe a túa mobilidade. É o instrumento fundamental para dar un xiro radical as políticas urbanísticas e convivenciais das nosas cidades e vilas e, integrada co transporte público colectivo, solucionar os problemas que o automóbil particular está a ocasionar na nosa sociedade. Supón unha actitude vital, de respecto ao medio ambiente e ás persoas.
Por todo isto, o vindeiro sábado 22 de setembro celébrase a 1ª Masa Crítica Galega. Achegaranse ciclousuarios e ciclousuarias de toda Galicia na que se pretende sexa unha xornada lúdico-reivindicativa onde defender que outra forma de movérmonos é posíbel!
O programa provisional de actividades é o seguinte. Agás a hora e lugar da Masa Crítica, o resto das actividades poden sufrir algunha modificación.
11:00 - Obradoiro de mecánica e decoración reivindicativa da bici. Poderás axustar a túa bici e decorala.Traede ideas e materiais para compartir!
12:30 - Masa Crítica Galega. Sairá as 12:30 e faremos un percorrido devagar polas principais rúas de Santiago.
14:00 - Xantar Colectivo. Sa hai bo tempo cada quen pode traer (se quere) algo para xantar/compartir todos/as xuntas no Parque de Bonaval. Se o tempo non acompaña procuraranse outras opcións (iremos informando)
17:00 - Proxección do Documental Return of the scorcher (v.o. subtitulada ao galego) que describe os inicios do "movemento" da masa crítica en San Francisco nun centro socio cultural da cidade.
18:00 - Mesa redonda coa participación de representantes de grupos de ciclousuarios/as participantes sobre a situación da bici en Galicia, futuro etc.....
Axúdanos a divulgar a iniciativa! Podes descargar o cartel para enviar por correo-e aos teus contactos.
Vémonos en Compostela!
-- -- -- -- -- --
Semana europea da mobilidade ou pedalea ti, que a min dame a risa
O día 22 de setembro, cando finalice a celebración da semana europea da mobilidade e en Santiago esteamos a celebrar a primeira masa crítica galega, na túa cidade é posible que pasaran cousas similares as que seguen: tal vez tiveches que almorzar coa foto nos medios dun alcalde feliz subindo a un bus, un concelleiro de mobilidade en errático traxecto sobre unha bici de aluguer mentres prometía a inmediata posta en marcha deste servizo, excursións en bicicletas de cidadáns atrincheirados entre policías locais e protección civil, circulando por rutas coidadosamente escollidas dentro do tráfico, repartición de agasallos de todo tipo, incluídas bicicletas de montaña (moi apropiadas para circular por calquera cidade) e un multicolor despregamento de dípticos, trípticos e cartelería, que solicitaba a túa colaboración e invitábache a facer un pequeno esforzo por mellorar a mobilidade da tua cidade; anímate neno, unha semana pasa axiña.
A estas alturas ninguén discute que os modelos están obsoletos e que hai que empezar a moverse, e calquera político intelixente sábeo, igual que sabe cales son os pasos a seguir, entre outras cousas, porque os seus compañeiros europeos levan máis de 20 anos dándolles consellos e directrices baseados nas experiencias doutras cidades que conseguiron minimizar os problemas que causa o noso modelo actual.
Os teóricos afirman que a maioría dos políticos locais non se enfrontan á tarefa por falta de valentía política, non por falta de convicción. Se vives nunha cidade con políticos valentes, á par de intelixentes, parabéns, seguro que a semana da mobilidade terá algun sentido. Pero o que non ten sentido, e que cremos altamente reprobable, é que se gasten miles de euros en campañas publicitárias que non levan a nada, que non melloran a vida dos cidadáns e que pretenden involucrar á cidadanía sen dar alternativas reais. A semana da mobilidade, para moitos políticos, non é máis que un mal trago; que pase pronto esta semaniña e outro ano para a foto e a ver se non nos pitan moito no día sen coche, que aínda por riba, este ano cae en sábado.
Únete a nós e celebra a Masa Crítica Galega !
NOTA : Se vives en Coruña, estamos organizando diferentes grupos para acudir a Compostela, en bici saíndo o venres pola tarde (para ir a modiño, durmindo en Ordes na metade do camiño), en bici saíndo o sábado pola mañá (para xente de clubes e entrenada) ou en tren o sábado pola mañá (coa posibilidade de que haxa un autobús como alternativa). Apúntate e deixa o teu correo en http://www.editgrid.com/user/masacriticacoru/masa_critica_galiza. Canto antes os apuntedes mellor, xa que temos que planificar un pouquiño a viaxe. Noutro caso vémonos directamente en Compostela.
http://masacriticacoru.mundoforo.com
http://bicis.info |
|
| Volver arriba |
|
 |
Bersuit

Registrado: 19 Abr 2006 Mensajes: 457
|
Publicado: Lun Sep 10, 2007 11:44 pm Asunto: |
|
|
¿E isto que ten que ver coa problemática socio-económica da vivenda? _________________ Saudiños,
B.
--
Si no sabes a dónde quieres ir, no tiene importancia cuál
de los caminos tomes. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana
Registrado: 16 Ene 2007 Mensajes: 9
|
Publicado: Mar Sep 11, 2007 12:56 pm Asunto: |
|
|
Pois por exemplo, que quero ir na bici a miña futura vivenda, ao meu futuro traballo, a todos os puñeteiros lados, de maneira segura, económica, sá e ecolóxica. Pensei que este era un foro aberto onde poder comunicar inquedanzas, sinto se alguén se ofende.
Igual alguén ve na bici unha alternativa ao consumo/uso de carros, porque se tes que sumar á hipoteca o seguro do coche e demáis, empeoras a situación... máis e máis consumo, máis e máis contaminación... Cada quen entende as cousas como quere, pero grazas por opinar. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Bersuit

Registrado: 19 Abr 2006 Mensajes: 457
|
Publicado: Mar Sep 11, 2007 10:33 pm Asunto: |
|
|
| Xiana escribió: | Pois por exemplo, que quero ir na bici a miña futura vivenda, ao meu futuro traballo, a todos os puñeteiros lados, de maneira segura, económica, sá e ecolóxica. Pensei que este era un foro aberto onde poder comunicar inquedanzas, sinto se alguén se ofende.
Igual alguén ve na bici unha alternativa ao consumo/uso de carros, porque se tes que sumar á hipoteca o seguro do coche e demáis, empeoras a situación... máis e máis consumo, máis e máis contaminación... Cada quen entende as cousas como quere, pero grazas por opinar. |
Aquí ninguén se sinte ofendido; se líches un pouco do que vai PVD (1), entenderías a qué ven a nosa sorpresa. Hai un lugar para todo, pero o tema que comentas queda totalmente desubicado neste foro. Estaría ó mesmo nivel que se nós posteasemos as nosas convocatorias na páxina dunha plataforma en defensa do cicloturismo. Porén podesese discutir o axeitado, para a consecución dos obxectivos que aquí se pretenden, da creación dunha liña de conversación na que se trataran "outras convocatorias" de temática alonxada dos fíos principais que nos abranguen.
Saudos,
B
(1)http://www.viviendadigna.org/?reivindicaciones.php _________________ Saudiños,
B.
--
Si no sabes a dónde quieres ir, no tiene importancia cuál
de los caminos tomes. |
|
| Volver arriba |
|
 |
birnarem
Registrado: 08 Ene 2007 Mensajes: 6 Ubicación: A Coruña
|
Publicado: Mar Sep 11, 2007 11:46 pm Asunto: |
|
|
Oksss, eu o comprendo a protesta. Si, é certo que estaria mais correctamente situado nun apartado doutras convocatórias. Todo está relacionado certamente, pero quizais neste caso pódese distorsionar o tema central do foro con este tipo de posts.
De todos modos, o impulso e a emoción polo que cremos nos fai cometer ás veces este tipo de moi pequenas incorreccións cando se trata de dar a coñecer un evento.
Desculpen polas moléstias ocasionadas, seguiremos apoiando tanto un como outro movimento. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Buran

Registrado: 24 Dic 2006 Mensajes: 588 Ubicación: Coruña
|
Publicado: Mie Sep 12, 2007 11:30 am Asunto: |
|
|
A mi me gustaría que cuando se hiciera algún email en cadena o convocatoria sobre vivienda en general, también circulara por los foros y web's de las bicis.
Sería lo justo ¿no? _________________ --
Saludos!!
WWW.NOLESVOTES.COM
 |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana
Registrado: 16 Ene 2007 Mensajes: 9
|
Publicado: Mie Sep 12, 2007 4:31 pm Asunto: |
|
|
Vale, entendido. Colgueino neste foro porque hai xente da Masa Crítica da Coruña que imos ás convocatorias da Vivenda Digna e viceversa. E, evidentemente, pensei que sería un tema de interese. Tivérao colgado no apartado de "Batiburrillo ..." pero queríao concretar a Galiza. No foro da Masa Crítica temos cavida para outras reivindicacións sociais deste tipo, de feito habelas hainas. Está convidado todo o mundo.
Lamento o malentendido e ter entrado "sen preguntar", dei por sentado cousas.
Un cordial saúdo e grazas polas vosas opinións.
(Graciñas, Burán ) |
|
| Volver arriba |
|
 |
birnarem
Registrado: 08 Ene 2007 Mensajes: 6 Ubicación: A Coruña
|
Publicado: Mie Sep 12, 2007 5:46 pm Asunto: |
|
|
Foro da Masa Crítica Coruña - Convocatorias doutros grupos sociais
Esta sección leva funcionando desde o comezo do foro, e recolle (sobre todo gracias a papeltijera) regularmente moitas das convocatorias por unha vivenda digna. E os animo a ternos actualizados dentro do posible.
P.D. Unha puntualización un pouco chorras (o recoñezo). Estamos falando de ciclousuarios, xente que reclamamos o uso da bici como medio de transporte, como parte esencial da recuperación das cidades para os cidadáns. Outra cousa son os foros de ciclistas ou frikis das bicis en xeral. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Buran

Registrado: 24 Dic 2006 Mensajes: 588 Ubicación: Coruña
|
Publicado: Mie Sep 12, 2007 7:20 pm Asunto: |
|
|
Bueno, pues aclaradas las cosas, dejemos el tema y vayamos al grano.
P.D. Saúdos Xiana!  _________________ --
Saludos!!
WWW.NOLESVOTES.COM
 |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana
Registrado: 16 Ene 2007 Mensajes: 9
|
Publicado: Jue Sep 13, 2007 2:26 pm Asunto: |
|
|
| Buran escribió: | Bueno, pues aclaradas las cosas, dejemos el tema y vayamos al grano.
P.D. Saúdos Xiana!  |
Tes razón, Mon. Unha aperta!  |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
Puede publicar nuevos temas en este foro No puede responder a temas en este foro No puede editar sus mensajes en este foro No puede borrar sus mensajes en este foro No puede votar en encuestas en este foro
|
Powered by phpBB © 2001, 2008 phpBB Group
|