Foros de la Plataforma por una Vivienda Digna :: Ver tema - vigo, 6 de outubro, roteiro pola vivenda, 18:00
Foros de discusión Foros de la Plataforma por una Vivienda Digna
www.viviendadigna.org/foros
Foros abiertos al público para el debate sobre el derecho y la política de vivienda, la economía, etc.
La organización no se responsabiliza, ni avala los comentarios que se hacen libremente en este foro
 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 

vigo, 6 de outubro, roteiro pola vivenda, 18:00

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Galicia
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
papeltijera



Registrado: 29 Dic 2006
Mensajes: 263

MensajePublicado: Vie Sep 28, 2007 6:14 pm    Asunto: vigo, 6 de outubro, roteiro pola vivenda, 18:00 Responder citando

A convocatoria atopeina en indymedia. Copio aquí o texto e poño o enlace por si alguén quere saber que o día 6 de outubro hai unha mani en vigo pola vivenda. Recomendo ir á noticia orixinal e ver alí o cartel, que engade detalles da convocatoria. Abro este fío para que sexa ben visible unha convocatoria que non todos atoparán nas páxinas que visitan nin no seu correo, nin seguramente nos xornais. Antes ou despois calquera pode comenta-lo que lle pete sobre a convocatoria, a mani ou as cousas da vivenda en vigo. Se alguén pensa que está de máis ou que hai sitio mellor para a convocatoria pode dicilo, claro.



http://galiza.indymedia.org/gz/2007/09/12428.shtml

6 de outubro Roteiro polo Dereito á Vivenda en Vigo
Precarias en Loita , 24.09.2007, (Id: 12428)
Sábado 6 de Outubro desde a Porta do Sol, Polo Dereito Social á Vivenda.

O sábado día 6 de outubro ás 18h sairemos desde a Porta do Sol, para facer un roteiro contra a especulación e o abandono de moitos edificios no espazo urbán, especialmente no Casco Vello e o Barrio do Cura.

Animamos á xente a que traia sprays e plantillas de todo tipo.
Caixa dos correios:: precariasvigo(arroba)gmail.com
WWW:: http://precarias.arkipelagos.net
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
papeltijera



Registrado: 29 Dic 2006
Mensajes: 263

MensajePublicado: Lun Oct 08, 2007 10:31 am    Asunto: Responder citando

http://galiza.indymedia.org/gz/2007/10/12537.shtml


Segundo roteiro precario em Vigo
umha precaria , 07.10.2007, (Id: 12537)

Um novo roteiro organiçado por Precarias em Luita tivo lugar ontem, reivindicando o dereito social à vivenda e á okupaçom.


Ontem, às 18:00 começou o segundo roteiro contra a especulaçom e o abandono organiçado por Precarias em Luita.

Desde a Porta do Sol, primeira parada (hop, hop)…o exmirador da Laxe, actual mirador ao neoliberalismo materialiçado na mole do centro comercial, umha parte do macroplano desenhado para o espaço. Mais umha vez, adiós ría!!

Umhas 90 pessoas seguimos com o percorrido festivo/reivindicativo polo Casco Velho e o Barrio do Cura ao ritmo da música em vivo das compas e marcando algúms pontos em processo de especulaçom. Entre eles detivémo-nos no “convento das Hermanitas”, primeiro inmueble mercado por Karpin SL e cía (propietárias da maior parte do Barrio do Cura) na nossa cidade. A boa acolhida vecinhal caracteriçou a jornada, com intervençoms espontáneas incluidas.

Tras pendurar umha faixa no edificio abandoado da Santa Marta, na face que aínda (tenhem em plano construir aquí) divisa o mar, avançamos cara Urbanismo, gestores sobornados do expolio: deixamos trípticos com info e pintadas nas súas portas…

…E, coma nom, o peche chegou na nossa simbólica Panificadora, já okupada temporalmente em maio. Com umha nova faixa e a “graffiteada” dos seus muros rematou-se a acçom.

Seguiremos!! “Ladrillazo”??? Preparémo-nos para okupar!!! OkupaVi!

----

Texto Lido

Precarias en Loita, 08.10.2007 (Id: 8853)

Para rematar o acto limos o texto do tríptico que repartimos:

Estamos en ruta polas rúas de Vigo, para sinalar anomalías urbanas que se volveron tan normais que xa nos pasan desapercibidas, a especulación e as vivendas abandonadas non só están integradas na paixase senón que se convertiron no motor avariado deste modelo de cidade insostíbel. Deixan que se deterioren vivendas ao mesmo tempo que planifican dobrar o espazo urbano co novo PXOM, e isto a pesar de que na actualidade hai 20.000 vivendas baleiras, outras 10.000 como segunda residencia e medio millar abandonadas sen máis.

E por se isto non foxe suficiente os proxectos de ampliación do Porto ou a futura chegada do AVE, ademais de destruír o noso contorno de forma irreversíbel, traen aparellados monstruosos pelotazos urbanísticos, tanto de vivendas coma de centros comerciais.

Por iso paga a pena pasar polo barrio do Cura. Para coñecer de preto un barrio que esmorece día a dia. Sabías acaso que para que se aproben os seus planos de derrubalo e construír sobre os seus restos, tiveron que arrincalo do que se considera Casco Vello sen máis escusa que a cobiza e as ansias de beneficio?.

Casas que en corenta anos non obtiveron permisos para ser reparadas, e por suposto ningún tipo de axuda para ser rehabilitadas, están agora en mans das especuladoras KARPIN S.L., ING Real State e Royal Bank of Scotland. Non hai dúbida do carácter especulativo de montruos financeiros coma Ing que non dubidaron en inflar de millóns á anterior alcaldesa para facer o adefesio ilegal do Centro Comercial Gran Vía.

Agora todos estes voitres pretenden arrasar totalmente este barrio, no que tras décadas de abandono apenas quedan residentes orixinarias. Sobre estas humildes casas de mariñeiros proxectan facer centos de vivendas de luxo e superluxo, un hotel no que nunca nos deixarían entrar, etc. Mesmo edificios cunha fachada a conservar por razóns arquitectónicas, como o foi o das “Hermanitas de los Enfermos Pobres” van ser totalmente destruídos.
Se o mirador de A Laxe xa pouco conserva dese nome co monstruo de Centro Comercial, pouca esperanza haberá para que desde o paseo de Alfonso se vexa a Ría cando constrúan todos eses edificios.

E o facemos hoxe, 6 de outubro, para coincidir máis unha vez co berro doutras moitas cidades de Galiza e de todo o Estado, esixindo o dereito social á vivenda, nun contexto no que os datos económicos invariábelmente dan a razon ás que anunciaban os perigos da burbulla inmobiliaria, fronte á irracional euforia constructora das especuladoras:

A pesar de seguir lonxe do nivel do Estado, o PIB galego segue crecendo (ao igual cá inflación), polo visto débese ao impulso do ladrillo, pero nun momento no que a crise se fai patente no Estado, non se pode esperar que aquí dure moito máis (en agosto creceu o paro no sector). Europa xa advirte dun menor crecemento pola desaceleración das vendas das vivendas.
Tras o desastre das hipotecas de alto risco no USA, as pérdidas nas Bolsas e a crise de liquidez de bancos especializados en hipotecas en Gran Bretaña, no resto de Europa e no Estado os créditos e as hipotecas soben sen parar e se endurecen moito as condicións (do que se resenten sobre todo as economías familiares), os pisos tardan moito máis en venderse, o sector inmobiliario xa non xera a mesma riqueza e o seu estancamento é imparábel.

A caída das vendas en Galiza e a saturación do mercado provocou que se pecharan medio millar de inmobiliarias na nosa cidade e 2.300 en Galiza.
Agora que xa nin a inxección de cartos ás especuladoras e hipotecarias, nin as informacións tranquilizadoras poden ocultar a crise, os políticos lanzan medidas electoralistas e insuficientes como a lei do solo (máis VPO coma se iso evitase a especulación, etc) e as promesas de axudas ao aluguer.

Nós rebelámonos contra todo isto e reivindicamos a vivenda como dereito social fundamental. A participación da cidadanía na sociedade só se producirá coa capacidade real de exercer dereitos sociais, coma o da vivenda, o dos desprazamentos, o dos espazos públicos ou o dereito a ter a cidade que necesitamos e desexamos. Para isto debemos impedir as actuais políticas sobre o solo, de forma que non sexa posíbel a especulación e este desenvolvemento insostíbel.

Para conseguilo propoñemos estas medidas:
1. Limitación do prezo dos alugueres e do prezo dos pisos, de modo que non teñamos que pagar en ningún caso máis do 30% da nosa renda polo aluguer ou a hipoteca.

2. Anulación do PXOM en trámite, feito sen participación real da veciñanza e que só atende aos intereses de grandes multinacionais, coma Citroën, ou de capitais especuladores inmobiliarios.
Paralización dos planos de crecemento urbano até que non sexa socialmente necesario a construción de novas vivendas.
3. Reforma de la "Ley de Arrendamientos Urbanos" (LAU) dado que nos opoñemos a: os aumentos ilimitados dos alugueres, a facilidade actual de desafiúzo por impago, etc.

4. Medidas que garantan a efectiva transparencia dos Rexistros da Propiedade, por exemplo, a obriga de informar a todas as partes implicadas na venda dunha leira ou dun piso.

5. A penalización dos inmóbeis baleiros, sen utilizar ou abandonados (mediante o aumento do IBI, a ameaza de expropiación ou a cesión forzosa) e a despenalización da okupación.

6. A prohibición de venda de solo público.

7. A tipificación das prácticas de acoso inmobiliario como vulneración do dereito á vivienda e a súa erradicación.

8. A paralización do Plano do Porto (aterramentos, etc) e a anulación de calquera agresión á ría e á costa.

9. O respecto á diversidade territorial de Vigo e a protección das zonas rurais fronte ao crecemento urbano descontrolado.

10. Creación de verdadeiros espazos sociais públicos autoxestionados pola propia cidadanía.

Precarias en Loita


Caixa dos correios:: precariasvigo@gmail.com
WWW:: http://precarias.arkipelagos.net

http://galiza.indymedia.org/gz/2007/10/12537.shtml#8853
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Galicia Todas las horas son GMT + 1 Hora
Página 1 de 1

 
Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Powered by phpBB © 2001, 2008 phpBB Group