 |
Foros de la Plataforma por una Vivienda Digna www.viviendadigna.org/foros Foros abiertos al público para el debate sobre el derecho y la política de vivienda, la economía, etc. La organización no se responsabiliza, ni avala los comentarios que se hacen libremente en este foro
|
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente |
Autor |
Mensaje |
Bersuit

Registrado: 19 Abr 2006 Mensajes: 457
|
Publicado: Mar Abr 15, 2008 5:29 pm Asunto: Verdegaia apoia as normas do hábitat galego |
|
|
Un claro exemplo, en palabras de Verdegaia, sobre como primeiro van as cifras macroeconómicas e logo todo o demáis... O que non fala é de que o propio presidente da Xunta falou de "flexibilidade" á hora de aplicar a citada Lei dada a situación actual desfavorable para o sector
-------------------------------------------------------------------------------------
Verdegaia apoia as normas do hábitat galego
A asociación ecoloxista califica de "lamentables" as reaccións suscitadas.
A asociación ecoloxista Verdegaia apoia as normas do hábitat galego da Consellería de Vivenda e Solo porque “promoven a eficiencia no uso dos recursos naturais ao tempo que melloran a nosa calidade de vida”. “A aplicación destas normas fomentará o aforro enerxético, o uso eficiente da auga, a reciclaxe e a conservación da paisaxe. Xunto co Código Técnico da Edificación (CTE) de ámbito estatal que entrou recentemente en vigor, as normas do hábitat galego representan un importante contributo para mellorar a habitabilidade e a ecoeficiencia das vivendas, aspectos descoidados até hoxe”, sinala Verdegaia nun comunicado.
A Asociación cre que as esixencias que incorporan as avanzadas normas do hábitat galego implican melloras importantes no uso eficiente da enerxía e da auga, o que non só revertirá positivamente no medio ambiente a escala local e global, senón tamén nun aforro monetario a longo prazo para veciños e veciñas, máis aínda se temos en conta que os prezos da enerxía e da auga serán, sen dúbida, ben maiores no futuro. Asemade, apuntan a que as normas favorecen a reciclaxe dos residuos, contribuíndo tamén deste xeito á eficiencia no uso dos recursos naturais e ao combate de problemas como o cambio climático.
“Entre os aspectos positivos das normas do hábitat galego que coidamos deben ser destacados figuran os de que toda vivenda sexa exterior e deba ter iluminación natural; a protección da calidade do aire interior; a obrigatoriedade da existencia dun patio tendal para secar a roupa; a previsión de espazos axeitados para o almacenamento separativo de lixos para reciclaxe; a obrigatoriedade de que os cuartos de aseo e baño incorporen accesorios que fomenten o aforro no consumo de auga e dispoñan de recolla independente das augas grises para a súa posterior reutilización; ou as disposicións para a integración dos edificios na paisaxe. No caso particular das vivendas unifamilariares illadas, refórzanse as esixencias en materia de illamento térmico da envolvente e de subministro de auga quente con enerxías renovables estabelecidas no CTE e obrígase a reservar un espazo de 4 m2 na parcela onde se constrúa a casa para a compostaxe caseira ou reciclaxe da materia orgánica do lixo”, explican.
Verdegaia considera “lamentables as reaccións que están a suscitar entre o Partido Popular, promotores inmobiliarios e a Federación Galega de Municipios e Provincias. Coa súa oposición á próxima entrada en vigor das normas do hábitat galego, que se deberían ter promulgado hai xa moito tempo, están demostrando canto lles importan os dereitos da cidadanía a unha vivenda e a un medio ambiente de calidade e o progreso cara a sustentabilidade”.
http://www.xornal.com/article.php3?sid=20080415111953
------------------------------------------------------------------------------------- _________________ Saudiños,
B.
--
Si no sabes a dónde quieres ir, no tiene importancia cuál
de los caminos tomes. |
|
Volver arriba |
|
 |
|
|
Puede publicar nuevos temas en este foro No puede responder a temas en este foro No puede editar sus mensajes en este foro No puede borrar sus mensajes en este foro No puede votar en encuestas en este foro
|
Powered by phpBB © 2001, 2008 phpBB Group
|